E-distrito

Noticias

Aprobado o "dereito ao esquecemento oncolóxico" para evitar discriminación á poboación que superou cancro

Aprobado o "dereito ao esquecemento oncolóxico" para evitar discriminación á poboación que superou cancro

  O goberno de España prohibe "facer diferenzas" ao contratar produtos como préstamos e seguros se a persoa padeceu cancro se xa transcorreron máis de cinco anos sen recaídas. 

  27 xuño 2023

  En cumplimento do aprobado polo Parlamento Europeo e en liña co recorrentemente reclamado por múltiples asociacións de persoas que padecen ou padeceron un cancro, o Consello de Ministros deu o seu visto e prace á aprobación do denominado "dereito ao esquecemento oncolóxico". Trátase dunha reforma que, en síntese, implica a fin da discriminación da poboación que superou unha destas doenzas no acceso a diversos servizos.

  Como resume o Ministerio de Sanidade, coa entrada en vigor desta mudanza convértense en nulas "as cláusulas, estipulacións, condicións ou pactos excluíntes" para persoas que padecesen cancro no pasado. Así, por exemplo, "prohíbese facer diferenzas ao contratar un seguro a unha persoa porque sufrise cancro" se xa transcorreron cinco anos "dende a fin do tratamento radical sen recaída".

  Do mesmo xeito, ao subscribir produtos como un préstamo bancario ou un seguro de vida, "non haberá obriga de declarar se se padeceu un cancro" se, igualmente, xa transcorreron cinco anos ou máis da fin do tratamento sen recaída. Ao tempo, tampouco se poderán "tomar en consideración estes antecedentes oncolóxicos" para, por exemplo, calcular o custo do seguro ou decidir se a persoa pode ou non subscribilo.

  Alén destes produtos financeiros, tamén desaparece a obriga de que unha persoa que padecese cancro "teña que renovar o carné de conducir cada tres anos". De agora en diante non haberá diferenzas e os prazos serán os da poboación xeral. O Goberno de España tiña de prazo ata 2025 para aplicar esta mudanza legal.

  Derivado de Praza.

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados