E-distrito

Noticias

"Máis da metade" da poboación galega ten "exceso de peso", segundo a Xunta

"Máis da metade" da poboación galega ten "exceso de peso", segundo a Xunta

  Sanidade aposta polo fomento do exercicio físico en maiores de 60 anos co programa "Adestra a túa saúde".

  07 xullo 2022

  O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, afirmou que "en Galicia, os datos din que máis da metade da poboación ten exceso de peso". Por iso, a Xunta aposta polo fomento do deporte para promover o envellecemento activo e aumentar a esperanza de vida cun bo estado de saúde físico e psicolóxico.

  Con este obxectivo, o titular de Sanidade e o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asinaron este mércores co alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, e o de Arteixo, Carlos Calvelo, o protocolo para realizar o programa "Adestra a túa saúde" de maneira experimental nos seus concellos.

  Enmarcado no Plan de Obesidade Zero, segundo explicou Comesaña, a intención é reducir o sobrepreso nun 15% no ano 2030, o que supón que ao redor de 190.000 galegos deixen de ter obesidade. Diego Calvo, pola súa banda, engadiu que este plan trata de que os profesionais sanitarios "prescriban exercicio físico de forma pautada e personalizada cun seguimento continuado".

  Labor de coordinación

  "Adestra a túa saúde" pretende mellorar a calidade das persoas maiores de 60 anos, sas ou con factores de risco cardiovascular, a través da coordinación entre o persoal dos centros de saúde, a figura do promotor do exercicio físico e os servizos deportivos dos municipios.

  Tanto para a posta en marcha desta inciativa como para a creación doutras unidades de prescrición noutros municipios galegos, a Xunta destinará 442.000 euros transferidos de fondos europeos.

  No acto celebrado este mércores tamén estiveron presentes o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán; o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal; e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.

  Derivado de Galicia Confidencial

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados