E-distrito

Noticias

Axudas a parados e autónomos e redución do prezo do transporte público, entre as novas medidas anticrise do Goberno central

Axudas a parados e autónomos e redución do prezo do transporte público, entre as novas medidas anticrise do Goberno central

  Outras medidas son o mantemento ata final de ano é a rebaixa de 20 céntimos por cada litro de combustible, e a suba das pensións non contributivas e a rebaixa do transporte público.

  25 xuño 2022

  Un Consello de Ministros extraordinario aprobou este sábado a través dun decreto un novo paquete de medidas para loitar contra os efectos da suba dos prezos, cun IPC que se mantén dende febreiro por riba do 8%, con especial incidencia no encarecemento da electricidade, os combustibles e a alimentación. 

  Entre as medidas anunciadas por Pedro Sánchez figuran a redución do IVE na factura da luz ata final do ano do 10% ao 5% (hai uns meses xa se recortara dende o 21%), que xa fora anticipada hai uns días. Así mesmo, haberá unha axuda directa de 200 euros ás persoas desempregadas e aos e ás traballadoras autónomas con baixos ingresos, uns 2,7 millóns de persoas, segundo Sánchez. A achega fica por debaixo dos 300 euros para todas as persoas con ingresos por debaixo dos mil euros, como viña reclamando Unidos Podemos nos últimos días. 

  Para recibir esa axuda, os beneficiarios deben residir en fogares nos que a suma das rendas que perciban os convivintes sexa inferior a 14.000 euros en 2021 e cuxo patrimonio descontando a vivienda habitual non supere os 43.196,4 euros. Desta axuda quedan excluídas as persoas que cobran algunha pensión ou perciben o Ingreso Mínimo Vital.

  Haberá rebaixas no transporte público, unha medida que busca promover o aforro de combustible

  De igual xeito, haberá rebaixas no transporte público, unha medida que busca incentivar o uso destas formas de transporte e, así, promover o aforro de combustible. Así, o Goberno central anuncia unha rebaixa do 50% nos bonos mensuais de transporte nas infraestruturas dependentes directamente do Estado central, como o tren de proximidade. Haberá ademais unha rebaixa do 30% nos transportes que dependen de Comunidades Autónomas e Concellos, por exemplo os autobuses interurbanos e urbanos; nestes casos, estas administracións poderán completar a rebaixa ata chegar tamén ao 50%

  No paquete de medidas inclúese tamén o incremento do 15% das pensións contributivas pactado hai unhas semanas entre o Goberno central e Bildu

  No paquete de medidas inclúese tamén o incremento do 15% das pensións non contributivas pactado hai unhas semanas entre o Goberno central e Bildu. No caso das pensións contributivas o Goberno central "garante" unha suba de acordo co aumento medio do IPC no conxunto do ano. Así mesmo, mantense a suba do 15% do Ingreso Mínimo Vital, ampliada agora ata final de ano. Tamén se limitará o prezo da bombona de butano, mantendo o seu prezo ata final do ano nos 19,55 euros.

  Mantéñense algunhas das medidas do denominado "escudo social" que limitan a posibilidade de levar a cabo desafiuzamentos nalgúns supostos de vulnerabilidade. E, igualmente, prorrógase a limitación do encarecemento do prezo dos alugueiros ao 2% anual en determinadas circunstancias. 

  Outra das medidas que se mantén ata final de ano é a rebaixa de 20 céntimos por cada litro de combustible

  Outra das medidas que se mantén ata final de ano é a rebaixa de 20 céntimos por cada litro de combustible, que foi unha das primeiras accións aplicadas polo Goberno central para paliar o encarecemento da gasolina e do diésel.

  Así mesmo, este sábado concretouse un novo imposto para os beneficios extraordinarios obtidos polas compañías eléctricas. Porén, esta medida non comezará a aplicarse ata o mes de xaneiro do vindeiro ano, pois o Goberno a presentará no Congreso a través dun proxecto de lei para asegurar así a súa efectividade.

  Sánchez culpou da suba de prezos á Guerra de Ucraína: "estamos a amortecer o efecto e os custos da guerra. Pero a inflación está a frear a recuperación económica no noso país"

  En total, as medidas suman unha achega pública de 9.000 millóns de euros, dos que 5.500 corresponden a rebaixas e novos gastos e a cantidade restante ao que se deixará de percibir pola redución de impostos. Sumados aos 6.000 millóns de euros das medidas que xa estaban en marcha, a suma da aposta pública na loita contra a crise de prezos rolda os 15.000 millóns de euros, ao redor do 1% do PIB. 

  Na súa intervención o presidente Pedro Sánchez destacou que ata agora as medidas aplicadas permitiron conter a inflación nuns tres puntos e medio, impedindo que esta acadase valores aínda máis elevados. Sánchez culpou da suba de prezos á Guerra de Ucraína: "estamos a amortecer o efecto e os custos da guerra. Pero a inflación está a frear a recuperación económica no noso país. Esta guerra produciu unha extraordinaria incerteza sobre a economía europea e española, e que nos leva a aprobar medidas adicionais"

  Derivado de Praza.

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados