E-distrito

Noticias

O Ministerio de Sanidade retirará a obrigatoriedade do uso da máscara en interiores a partir do 19 de abril

O Ministerio de Sanidade retirará a obrigatoriedade do uso da máscara en interiores a partir do 19 de abril

  Varias CCAA urxían esta decisión ao considerar que o mantemento obrigatorio das máscaras en interiores é ineficaz fronte ao control do coronavirus.

  07 abril 2022

A ministra de Sanidade, Carolina Darias, anunciou que o Consello de Ministras do vindeiro 19 de abril aprobará a retirada da obrigatoriedade do uso de máscaras en interiores. A medida entrará en vigor o día seguinte, 20 de abril, unha vez que Boletín Oficial do Estado (BOE) recolla a oficialidade desta medida.

  Darias fixo este anuncio durante a celebración do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS) que está a ter lugar en Toledo e que se desenvolve en sesión de mañá e tarde. Malia non figurar este punto na orde do día, trátase dunha petición que realizaron varios territorios, como Madrid, ao considerar que xa non é unha medida eficaz para controlar a transmisión do coronavirus.

  Obrigatoria en certos espazos

  A titular de Sanidade sinalou que as máscaras seguirán a ser obrigatorias en espazos interiores como o transporte público ou os centros sanitarios e sociosanitarios. Ademais, os técnicos da Ponencia de Alertas, encargados de redactar o borrador do documento que aprobará o Consello de Ministras, propñen que nalgúns centros laborais. Algo que Darias afirmou que estudaría o Ministerio.

  Coa nova norma, xa non será obrigatorio empregar a máscara cando entremos en comercios, locais de hostalaría e centros educativos. 

  Derivado de Nós Diario.

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados