O Goberno de España aprobou este pasado luns facilitar a importación de millo da Arxentina e do Brasil. A resolución supón un alivio para o sector gandeiro galego ante a complexa situación que afronta, afogado pola suba dos custos de produción desde hai meses e agora impactado pola parálise da importación dun cereal que é materia prima básica dos pensos destinados ao gando.
Ucraína é o principal celeiro de Galicia para o millo necesario e imprescindible na elaboración dos pensos. Dos 1,1 millóns de toneladas importadas cada ano, o 40% cómprao ao país agora invadido por Rusia, segundo os cálculos da Asociación Gallega de Fabricantes de Alimentos Compuestos (Agafac).
Ademais, entre xaneiro e xuño -precisamente nesta altura- o territorio ucraíno é case o único que fornece deste cereal polos ritmos das colleitas. Antes de comezar a guerra, perto de 300.000 toneladas de maínzo cultivado aló entrara nos portos da Coruña e Marín nos dous primeiros meses do ano.
UUAA e o SLG cren aberto de novo o debate sobre a "soberanía alimentaria" e ven necesario aumentar a produción de materia prima para alimentar o gando