E-distrito

Noticias

O prezo da luz atinxe o seu máximo histórico esta segunda feira.

O prezo da luz atinxe o seu máximo histórico esta segunda feira.

  Estes altos niveis prodúcense por mor da escalada no prezo do gas natural como consecuencia da situación en Ucraína.

  07 marzo 2022

   O prezo medio da electricidade no mercado almacenista subirá esta segunda feira en 16,76% e marcará o seu rexistro máis caro da historia, unha media de 442 euros/MWh, ao abeiro do aumento no prezo do gas natural polo impacto da guerra en Ucraína.

  En concreto, o prezo medio do pool para esta segunda feira será de 442,54 euros/ MWh, co que superará o anterior máximo histórico de 383,67 euros/ MWh que marcou o pasado 23 de decembro.

Ademais, o prezo desta segunda feira é uns 63 euros máis caro que o marcado o domingo, de 379,03 euros/MWh, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE) recollidos por Europa Press.

  Por tramos horarios, o prezo máximo da luz para este domingo deuse entre as 19 horas e as 20, con 500 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 379,02 euros/ MWh, rexistrarase entre as 23 e as 00 horas.

  Os prezos do  pool repercuten directamente na tarifa regulada -o denominado  PVPC-, á que están acollidos case 11 millóns de consumidores no Estado, e serven de referencia para os outros 17 millóns que teñen contratado a súa subministración no mercado libre.

  Estes altos niveis no prezo da luz prodúcense por mor da escalada no prezo do gas natural como consecuencia da situación en Ucraína. Así, os contratos de futuros do gas natural negociados na plataforma holandesa  TTF cotizaban esta sexta feira a 187,59 euros/MWh.

  En comparación con hai xusto un ano, o prezo do pool para esta segunda feira será 840% superior aos 27,73 euros/ MWh do 7 de marzo de 2021.

  O recibo eléctrico dun usuario medio coa tarifa regulada atinxiu no mes de febreiro os 131,29 euros, 111,5% por riba dos 62,08 euros do mesmo mes do ano pasado.

  Derivado de Nós Diario.

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados