E-distrito

Agenda de Eventos

L

LunsDeEncontros: Presentación do libro "Somos un pobo de artistas" de Xurxo Souto

  O luns 28 de abril ás 19 h., na Biblioteca Fórum Metropolitano, temos a presentación do último libro de Xurxo Souto, "Somos un pobo de artistas", publicado por Xerais.

  Organizado pola AVV Oza, A Gaiteira e Os Castros.

  SINOPSE:

  O primeiro monumento da literatura galega son as cantigas medievais. Os "Cantares Gallegos" de Rosalía son o gran referente do Rexurdimento. Cantigas e cantares. Non obstante, a música sempre estivo ausente nas clases de literatura. En 1999 Luísa Villalta publicou "O outro lado da música, a poesía", libro-referente, onde puxo en valor a mutua atracción que senten entre si ambas as dúas artes. Seguindo o seu método, penetramos na selva vizosa da música galega contemporánea para procurar esa unidade primixenia. E buscámola especialmente nas marxes, territorios case invisíbeis para o gran público, onde medra cada día o poder da creatividade.

  XURXO SOUTO (1966):

  Terrícolo redondo. Naceu na Coruña, cidade-barco, mais nada sabía das cousas do mar. Así que comezou a preguntar e a compartir polo medio que for tanta descuberta. No ano 1999 gravou cos Diplomáticos de Monte-Alto o CD «Capetón», nome en galego do mar de Cape Town, na fin de África. En 2006 dirixiu o programa «Mil Ribeiras», na Radio Galega. Escribiu «Contos do mar de Irlanda» (Xerais, 2014) e a novela «A gran travesía de Chiruca Macallás» (Xerais, 2018). Dúas décadas despois da súa aparición, recuperamos (en clave celebración) a primeira parte deste libro: «O retorno dos homes mariños» (Xerais, 1999, 2020), o relato dunha verdadeira iniciación oceánica. Porque, como dixo Staffan Mörling: «Non vivimos na fin da Terra, nós vivimos no centro do Mar». "Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta (Xerais, 2024) é a súa última obra. (Foto do autor: Sofía de Labañou).

Lugar:

  • Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Fecha:

  • 28/04/2025

Hora:

  • 19:00 h

Precio:

  • De balde

Ver todos los eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados