E-distrito

Agenda de Eventos

O

O DOC DO MES - "Fragmentos de una biografía amorosa"

  "Fragmentos de una biografía amorosa", o documental do mes de abril

  Dende os 16 anos, Chloé Barreau filmou todos os seus amores. Pero cada historia ten polo menos dous puntos de vista... Que lembran os teus ex? Cal é a súa versión dos feitos?

  Ao longo da nosa vida, namorámonos de persoas moi distintas; namoramento adolescente, amor a distancia, paixón carnal, vínculo profundo. Cada historia é distinta, cada experiencia é única. Dende os 16 anos, entre París e Roma, Chloé Barreau -cineasta- filmou todos os seus amores. Mentres mantiña unha relación, xa estaba a construír o seu recordo: filmar, fotografar, escribir. Pero cada historia ten polo menos dous puntos de vista. Que lembran os teus ex? Cal é a súa versión dos feitos?

  Fragmentos dunha biografía amorosa reconstrúe a vida dunha muller a través das historias das persoas que a amaron: Sébastien, Jeanne, Laurent, Ariane, Rebecca, Anne, Jean-Philippe, Anna, Bianca, Maria, Marco, Caroline. Testemuños íntimos e imaxes privadas mestúranse para revelar os camiños universais do sentimento do amor. Unha viaxe incrible polo camiño da memoria de calquera persoa que amase de verdade.

  Un documental de Chloé Barreau

  Francia 2023

  95 minutos - VOSE en francés subtitulado a español

Lugar:

  • Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Fecha:

  • 03/04/2025

Hora:

  • 20:00 h

Precio:

  • 3 Euros

Ver todos los eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados