Ademais de ser un espectáculo para todos os públicos, aposta por unha linguaxe universal e sen palabras, xa que Rojo quere chegar a todo tipo de audiencias independentemente da súa nacionalidade, cultura, idade, xénero ou situación social. Por iso se move Rojo por tan diversos circuítos: dende festivais de teatro, danza, circo e intervención urbana ata asociacións, colexios, institutos e calquera tipo de institución ou acto que aborde a temática actual do éxodo.
Rojo é, sen dúbida, unha homenaxe ao pallaso contemporáneo. Lembra o cinema mudo e a temática e forma de Charles Chaplin, que foi e é unha mestura de comedia e humanidade e que o público, consciente ou non, lembra e goza.
Compañía: Mireia Miracle Company
Autoría: Mireia Miracle Company
Dirección: Mireia Miracle Company
Elenco: Mireia Miracle