E-distrito

Agenda de Eventos

#

#LunsDeEncontros: Presentación do libro "Mucho que decir y poco que contar", de Javier Guillén

   O luns 10 de febreiro ás 19.00 h, na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano, teremos a presentación do libro "Mucho que decir y poco que contar" de Javier Guillén, publicado por Altamarea. Actividade organizada pola Asociación de veciños Oza, A Gaiteira e Os Castros.

Sinopse:

   «Mucho que decir y poco que contar», sentenciou Arsenio Iglesias tras perder a liga 93/94 da forma máis tráxica. Djukic erraba un penalti no último minuto e o SúperDepor quedaba sen o que fora o primeiro título da súa historia despois de conquistar todo un país no que constituíu un fenómeno deportivo, social e mediático sen precedentes. Pero, como se chegou ata aí?,  que sucedeu despois?, queda, trinta anos despois, algo por desvelar? Futbolistas, presidentes, adestradores, árbitros, xornalistas, afeccionados, políticos... A través de máis de douscentos testemuños, este libro reconstrúe ata o último detalle un episodio que, detrás do dramático desenlace que o converteu nun dos máis soados e insólitos do fútbol español, oculta unha infinidade de pequenas historias cruzadas, moitas delas descoñecidas. Ademais, o presente volume inclúe ligazóns a material audiovisual exclusivo e inédito onde os protagonistas toman a palabra. Unha cidade entregada en cada rúa e cada recuncho. Unha sombra e unha sospeita. Un heroe errado. Un vilán. Mil lendas. Tiña razón Arsenio. Aínda hai moito que dicir.

  O autor:

  Javier Guillén Rogel (A Coruña, 1987) é licenciado en Xornalismo. Comezou a forxarse na radio para continuar desenvolvendo a súa carreira como redactor en Deportes Cuatro e El Golazo de Gol, onde tamén foi presentador. É tertuliano habitual en Radio Coruña Cadena SER e Radio Marca Coruña. Mucho que decir y poco que contar é o seu primeiro libro, que nace froito dun longo e solitario confinamento, e da súa nostalxia polo fútbol dos noventa.

Lugar:

  • Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Fecha:

  • 10/02/2025

Hora:

  • 19:00 h

Precio:

  • De balde

Ver todos los eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados