E-distrito

Agenda de Eventos

0

07 e 08 feb/ Reconversión

  RECONVERSIÓN é un espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que interpretan a banda sonora en directo. Entre o íntimo e o político, o proxecto, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso, é un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na Ría de Vigo. A obra céntrase na peripecia vital do pai do autor, un home que traballou no estaleiro de Ascón durante 30 anos. Esta figura sintetiza as vivencias de toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e viveu as mobilizacións históricas que tiveron lugar nos anos 70 e 80. RECONVERSIÓN é unha viaxe desde a posguerra ata o "Felipismo" dos 80, pasando pola auxe da industria siderúrxica e a evolución desde un estilo de vida rural a unha sociedade capitalista.

  Con:

  Artur Abad: Percusións, Coro, Soplete, Outros

  Cristina Collazo:Trompa, Coro, Avoa, Outras

  Santiago Cortegoso:Percusións, Coro, O fillo

  César Goldi: Percusións, Coro, Figueroa, Naranjito, Outros

  Celia González:Clarinete, Coro, A nai, Outras

  Davide González:Saxofón, Coro, Felipe González, Outros

  Fran Lareu:Trompeta, Coro, O pai, Outros

  Nani Matos:Tuba, Coro, Boyer, Outros

  Texto e dirección: Santiago Cortegoso

  Produción de Ibuprofeno teatro

  Sesión dobre: 07 e 08 de febreiro

Lugar:

  • Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Fecha:

  • 08/02/2025

Hora:

  • 20:30 h

Ver todos los eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados