E-distrito

Agenda de Eventos

1

17 e 18-xan/ La Regenta

  Unha das obras máis importantes da literatura do noso país, por primeira vez adaptada a teatro nunha versión fiel ao texto de Clarín.

  Unha historia sobre o enfrontamento entre a paixón desbordada dos desexos e do amor fronte ás cadeas da moral social provinciana e a traizón.

  Ambientada na cidade de Vetusta, La Regenta, publicada en 1884, é unha das grandes novelas da literatura española do século XIX e unha das máis importantes da historia, segundo moitos críticos.

  Trátase dunha obra naturalista que retrata con dureza o ambiente dunha cidade de provincias dominada por unha clase alta ociosa e un clero que impón unha moral hipócrita e asfixiante. Ana Ozores é a protagonista, unha bela e nova rapariga que casa con don Víctor Quintanar, antigo rexente da Audiencia de Vetusta, moito maior ca ela, egoísta, e que vive en certo xeito nun mundo que non ten nada que ver coa realidade.

  Ana sentese angustiada no seu matrimonio e, debido á súa frustración, é atrapada por don Álvaro, o donjuán da cidade, e polo seu propio confesor, don Fermín de Pas, quen anhela convertela na súa esposa.

  Con Ana Ruiz / Elena Ballesteros, Alex Gadea, Joaquín Notario, Jacobo Dicenta, Pepa Pedroche, Francesc Galcerán, Lucía Serrano, Alejandro Arestegui.

  Con la colaboración especial de Joaquín Notario en el papel de Victor Quintanar 

Lugar:

  • Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Fecha:

  • 18/01/2025

Hora:

  • 20:30 h

Compra de Entradas:

Ver todos los eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados