Beltenebros é un espectáculo do coreógrafo Javier Martín coa pianista Haruna Takebe e a camarógrafa e performer Masako Hattori. Coreografía, concerto e imaxe en directo. Beltenebros expón a reinterpretación dos síntomas do corpo disfórico, propio do tempo que compartimos, a través da práctica con exvotos anatómicos –representacións de órganos en cera, madeira e metal– e a instalación no artefacto teatral dun particular xogo do aforcado, como marco da acción e as súas mesetas. Cada exvoto organiza co son un achegamento ao corpo, unha situación cinética. Un baile macabro.
A palabra beltenebros significa belo e tenebroso. Refírese a un arquetipo de personaxe cuxa característica é a de transformar o contexto e ás persoas ao seu redor, coa súa mera presenza: alguén que aínda sen querelo, serve como un espello deformante. Preguntámonos como nos relacionamos coa beleza hoxe en día: máis aló dos patróns establecidos, podemos recuperar unha
relación baseada no seu misterio? Beltenebros afonda na necesidade e o desexo de bailar a través de diferentes espistemes.