A Real Orde de Cabaleiros de María Pita adica os XXXII Xogos Florais de María Pita ao pintor Urbano Lugrís para conmemorar o 50 aniversario do seu falecemento.
O veredicto do xurado para dar a coñecer as persoas gañadoras do certame poético terá lugar nunha gala que contará coa participación da poeta Yolanda Castaño, a escritora e profesora da UDC Olivia Tudela, a Ensemble de Corda do Conservatorio Superior e o director Diego Segada Blanco.