E-distrito

Agenda de Eventos

D

Do 22 ao 26-out/ Intersección - Festival Internacional de Cine da Coruña

  A Coruña acollerá a sétima edición do Festival Internacional de Cine da Coruña "Intersección".

  Intersección" é un evento que traerá as películas máis vangardistas e contemporáneas e novos formatos audiovisuais á cidade. A programación acolle películas independentes creadas desde o risco e a innovación e indaga nas novas linguaxes cinematográficas.. O evento ocupará este ano espazos da cidade como o Teatro Colón, a Filmoteca de Galicia, a sala de exposicións de Palexco, os Cantones Cines ou a Fundación Luís Seoane.

"Intersección" contará con tres seccións competitivas:

  • Sección Internacional, presenta o cine máis arriscado. Cine de autor sen fronteiras e sen restriccións. Unha mestura de xéneros, duracións e nacionalidades que amosan as correntes máis actuais e innovadoras dos cineastas nacionais e internacionais.
  • Sección Galicia, conta con representación en dous formatos: o expositivo e o monocanal, o que permite ampliar os rexistros cos que se traballa e dar maior consistencia á cobertura de artistas en órbita.
  • Sección Escolas, o talento novo reúnese nesta sección, que recolle as propostas máis libres, interesantes e aventureiras dos cineastas emerxentes. Escolas descobre os primeiros traballos dos artistas que irrumpen con forza na industria cinematográfica.

  Ademais, conta con seccións non competitivas, onde se integran a Sección Retrospectiva e Clásicos Modernos unha nova sección coa que o festival pon a falar películas clásicas e populares con pezas de cine contemporáneo.

  Outra das principais apostas deste ano é Nexus, o espazo de industria de Intersección. Dentro de Nexus desenvolveranse actividades que potencian o festival como nodo de comunicación cultural e comercial entre os diferentes axentes do sector audiovisual.

  Web: https://interseccion.gal/

Fecha:

  • 26/10/2024

Ver todos los eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados